luns, 7 de novembro de 2022

A Raiña das "DOTS": 🔴⚫🟡YAYOI KUSAMA🟡⚫🔴

 E que cando falamos de puntos, lunares, topos... non podemos esquecernos da raiña das mesmos: a artista xaponesa               🔴🟡⚫YAYOI KUSAMA⚫🟡🔴  


A nós encántanos Yayoi, xoga cos lunares, coas DOTs dun xeito superespecial. Con patróns (patterns) ás veces precisos e outras moi libres. Como xogando. E falando de xogar, queres facer un crebacabezas da nosa pintora xaponesa favorita? Pois aquí vai un preparado por nós. 


Para coñecer máis a esta artista tan completa e chea de cor fixemos este PADLET:  "YAYOI KUSAMA dende Nós"  Un  PADLET é un taboeiro colaborativo dixital . Neste caso este está adicado enteiriño a Yayoi. Pódelo consultalo e xogar con él desde esta mesma entrada ou na lapela dereita, onde vai quedar cun enlace permanente.

Hecho con Padlet

Resulta que cando estabamos a aprender cousas sobre 🔴YAYOI🔴, a súa infancia, a súa vida e a súa obra decatámonos de que algunhas das obras que ela realizaba eran superparecidas ás que nós fixeramos cando xogabamos a investigar "DOTS" como  Vashti, a protagonista de "The Dot" de Peter H. Reynolds. Coincidencia? 😉
Quedamos abraiados!!
Esta foto da exhibición en Atlanta coa que comparamos os nosos traballos, cedéunola Elizabeth, a nosa Auxiliar de Conversa, coa que comezamos a traballar fai pouquiño. Acompáñanos nas clases de Arts & Crafts pero tamén nunha sesión de inglés coa Teacher Luz. Agardamos aprender a lot!! Elizabeth, que é americana, acudíu a varias exposicións de 🔴🟡⚫YAYOI⚫🟡🔴e compartíunos ademáis outras fotos que de seguro xa víchedes no PADLET  da artista.

mércores, 2 de novembro de 2022

Todo comeza cunha mota, un puntiño, un DOT🔴🔵🟡🟢

Comezamos a aventura na Aula Pintureira cun puntiño, unha mota, un DOT.

 


Escollemos este conto de Peter H. Reynolds  como "punto" de partida, porque ofrece tantas posibilidades como ganas de atopalas.
Aquí está a versión dixital do conto que contamos na aula:

(Só tes que premer na imaxe e che levará nunha ventana nova ao Genially onde se atopa.
                              Tamén podes premer no enlace permanente que hai na lapela dereita.

E cun punto comezamos unha tarxeta personalizada co noso nome e a cor do grupo, usando bastonciños de algodón e moita precisión.

Repartilas os primeiros días resultou ser todo un reto e un exercicio completísimo.



Nós, como Vashti,  seguimos experimentando cos lunares e con outras técnicase desta volta usamos os pinceis. Quedáronnos  unhas obras xeniais con milleiros de puntos e supercoloridas.


Xa estamos preparando a nosa inminente exposición!!

                                     


venres, 14 de outubro de 2022

Benvida ao blog Pintureiro do CEIP Juana de Vega!

 Este é o blog da Aula Pintureira. Convidámosvos a participar nesta canle de comunicación aberta dende a experiencia da aula de "Arts & Crafts". 


Esta é a nosa mascota "Pintureira" coa que imos encher de cor o curso e o cole.

Neste blog subiremos entradas coas actividades que vaiamos realizando e creando ó longo do curso dende a realidade dunha aula bilingüe. Aínda que no noso caso manexaremos as tres línguas. Vai ser toda unha aventura!!
Polo de agora velaí vai unha escolma das primeiras actividades




¡Allá vamos!
Aló imos!
Here we go!!