luns, 7 de novembro de 2022

A Raiña das "DOTS": 🔴⚫🟡YAYOI KUSAMA🟡⚫🔴

 E que cando falamos de puntos, lunares, topos... non podemos esquecernos da raiña das mesmos: a artista xaponesa               🔴🟡⚫YAYOI KUSAMA⚫🟡🔴  


A nós encántanos Yayoi, xoga cos lunares, coas DOTs dun xeito superespecial. Con patróns (patterns) ás veces precisos e outras moi libres. Como xogando. E falando de xogar, queres facer un crebacabezas da nosa pintora xaponesa favorita? Pois aquí vai un preparado por nós. 


Para coñecer máis a esta artista tan completa e chea de cor fixemos este PADLET:  "YAYOI KUSAMA dende Nós"  Un  PADLET é un taboeiro colaborativo dixital . Neste caso este está adicado enteiriño a Yayoi. Pódelo consultalo e xogar con él desde esta mesma entrada ou na lapela dereita, onde vai quedar cun enlace permanente.

Hecho con Padlet

Resulta que cando estabamos a aprender cousas sobre 🔴YAYOI🔴, a súa infancia, a súa vida e a súa obra decatámonos de que algunhas das obras que ela realizaba eran superparecidas ás que nós fixeramos cando xogabamos a investigar "DOTS" como  Vashti, a protagonista de "The Dot" de Peter H. Reynolds. Coincidencia? 😉
Quedamos abraiados!!
Esta foto da exhibición en Atlanta coa que comparamos os nosos traballos, cedéunola Elizabeth, a nosa Auxiliar de Conversa, coa que comezamos a traballar fai pouquiño. Acompáñanos nas clases de Arts & Crafts pero tamén nunha sesión de inglés coa Teacher Luz. Agardamos aprender a lot!! Elizabeth, que é americana, acudíu a varias exposicións de 🔴🟡⚫YAYOI⚫🟡🔴e compartíunos ademáis outras fotos que de seguro xa víchedes no PADLET  da artista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario