mércores, 2 de novembro de 2022

Todo comeza cunha mota, un puntiño, un DOT🔴🔵🟡🟢

Comezamos a aventura na Aula Pintureira cun puntiño, unha mota, un DOT.

 


Escollemos este conto de Peter H. Reynolds  como "punto" de partida, porque ofrece tantas posibilidades como ganas de atopalas.
Aquí está a versión dixital do conto que contamos na aula:

(Só tes que premer na imaxe e che levará nunha ventana nova ao Genially onde se atopa.
                              Tamén podes premer no enlace permanente que hai na lapela dereita.

E cun punto comezamos unha tarxeta personalizada co noso nome e a cor do grupo, usando bastonciños de algodón e moita precisión.

Repartilas os primeiros días resultou ser todo un reto e un exercicio completísimo.



Nós, como Vashti,  seguimos experimentando cos lunares e con outras técnicase desta volta usamos os pinceis. Quedáronnos  unhas obras xeniais con milleiros de puntos e supercoloridas.


Xa estamos preparando a nosa inminente exposición!!